martes, 6 de julio de 2010

Xornadas de portas abertas da Asociación Faraxa

Convidamos a tóda las persoas interesadas en coñecer o traballo da Asociación a visitar o seu Centro.

DATA: 9 DE XULLO DE 2010
HORA: DENDE AS 11:00 ATA AS 20:00 HORAS
LUGAR: CENTRO DE DÍA ASOCIACIÓN FARAXA
ENDEREZO: RONDA DE DON BOSCO, 18, 1º. VIGO.
TELÉFONOS: 986-132068 // 622-335266

Faraxa é unha Asociación fundada en maio de 2009 por un grupo de extraballadoras do Centro de Día dunha prestixiosa e recoñecida ONX de axuda á muller, xa desaparecida...., para poder continuar coa labor de dar cobertura social, psicolóxica e xurídica aos colectivos en risco de exclusión social (persoas en prostitución, persoas inmigrantes, etc…), atención formativa a xuventude no tema de violencia e en especial sexualidade, afectividade e riscos da prostitución, así como ás mulleres vítimas de Violencia de Xénero.

Dende o Centro coordinase o traballo de intervención socio-sanitaria da Unidade Móbil que percorre os distintos ámbitos prostitucionais de toda a Comunidade autónoma de Galicia.

No hay comentarios: